leoeosseus

sábado, 27 de xullo de 2019

Isto é xullo ?


Estes días grises, poalleiros e frescos fan dubidar en que mes vivimos.
Hai detalles que nos sitúan no tempo, no paso do tempo que é unha teima do ser humano. Así menceu o 18 de xullo cunha pintada na igrexa de Vilaguindastre esborranchando os nomes xa case desaparecidos dos mortos no alzamento de hai oitenta e tres anos.


Os últimos mirabeles de Arbo tamén nos sitúan no calendario. O mirabel é unha fruita aneira ( para o ano non haberá ) que está tan mal paga ( 70 cts o quilo ) que a deixan sen apañar na arboriña.


O que non nos axuda a situarnos no tempo é o peche da tenda de nome variable que non chegou a un ano de vida.

Ceos !. O tempo ten diferentes velocidades e valores.

Etiquetas: , ,

xoves, 25 de xullo de 2019

Nonaséximo sétimo mes ( e mais un día )

 
 
Xela dálle a man a Charlot nos xardíns de Allariz. Hoxe chuviscou pero onte fomos á praia e Xela buscou pedras preciosas anque quería topar vómito de balea que seica é carísimo. Tamén xogou ás paletas coa curmá manacorina. Outro xogo que lle gusta é o xogo de mans de " pistolero ". Pero non queda aí cos gustos porque pilota o dron de marabilla ou tírase en bomba na piscina ou xoga comigo ao paifillonai ou man- pe nas baldosas da piscina.

Todo corre ben.


Etiquetas:

mércores, 17 de xullo de 2019

Pasando santos


Non lle botei o fecho ao blogo, non. E que pasan os días e pasa o tempo e por unhas ou por outras non me paro a escribir. E si que pasaron santos anque a maioría non foron festivos para min e sigo a traballar anque estando na xeira da noite deixa bastante do día para estar coa familia, durmido pero de corpo " presente ".
Pasou o san Pedro e aínda mirei unha cancela " trasladada " no campo de festa de Vide. E entrou xullo e o san Fermín que por aquí non se celebra particularmente. No san Cristovo entregáronme o coche seminovo e a ver se o patrón dos automobilistas me axudan ( fixen a foto do xabarín nese día ). Logo viu san Bieito que ese foi festivo para min e fomos á Praia de Vlrñ anque este ano non quedemos a durmir alí.
E todo vai ben anque non escriba nin navegue demasiado.

Etiquetas: