leoeosseus

sábado, 28 de setembro de 2019

Trece anos ( e mais un día )


Aquí temos o artista que dá nome ao blogo con trece anos feitos xa. Muito mudou ese neno que agora é un preadolescente coas súas dúbidas e vacilacións. Segue interesado no fútbol, tanto real como na play ou na interrede. Xa non le o que lía pero é bastante aplicado nos estudos anque este curso que empezou non está mui contento porque o separaron de dous amigos que fixera o ano pasado. Tan indeciso está que non sabía que tarta quería para soplar as candeas nin quere festa de aniversario e non falamos de agasallos que aparte da Fifa 20 non quere nada. O que si quere é facer unha festa de pixamas con amigos.
Faise de querer.


Etiquetas:

martes, 24 de setembro de 2019

Nonaséximo noveno mes


Na foto está Xela abrazando a Elsa. As dúas teñen un nome tan semellante que teño que pensar antes de escribir e cantas veces nos trabucamos entre elas !. Pois nada, Xela segue prosperando e xa leva unha tempada sen empregar cueiros para durmir. Do resto tamén todo ben: coa súa personalidade e a súa leria. No cole está contenta anque di que a profe pon matemáticas dun nivel mui baixo e di que a súa clase está dividida en dous grupos contrarios: os queren matemáticas máis complicadas e os que están conformes co nivel baixo.
A ver como evoluciona o asunto.

Etiquetas:

domingo, 22 de setembro de 2019

Trámites e festas



Empezou mal a semana para os afectados pola brontofobia pero o tempo xa se estabilizou.
Eu por fin conseguín desfacerme do coche siniestrado nunha chatarraría que vendía o taxi inglés da foto por 5000 euros.
Todos na casa empezamos o ritmo normal de estudos e traballos e renovamos o DNI. No sábado tomamos café nunha panadería que de curiosidade ten o audiolibro do Quixote no baño.


Xela quixo ir ás festas de Vilaguindastre co seu amiguiño Llechat e comeu unha nube de algodón, montou nos coches eléctricos grandes que non había para pequenos e tirou dardos contra globos anque non conseguiu premio. E Vilaguindastre tiña uns gardas civís armados patrullando mentres tocaba o grupo " Efecto Pasillo ".
E as festas seguen !.


Etiquetas:

domingo, 15 de setembro de 2019

Despois do calor vén a tormenta


Hoxe fixo muita calor e Leo e os demais sufriron no partido que rematou cunha derrota catastrófica. O Leo non quedou mui contento. Pensar que empeza mañá no instituto non axudou e a treboada sorpresa da tardiña acabou por rematar co seu optimismo.
Vaia, un bo día para esquecer.

Etiquetas: ,

sábado, 14 de setembro de 2019

Venres trece



Vivimos un venres trece no centro de saúde e no hospital Cunqueiro. Xela tivo un desmaio e non sabiamos de que era. Ese día fixo unha calor do demo, a nena fixo ximnasia e tiveron a festa da auga no cole. Chegou a casa con fame e nun momento dado dixo que se topaba mal e caiu redonda. Fixéronlle probas a ver se era un baixón de azucre pero nada. Ao final o médico topou a resposta: Xela esmaiouse mirando unha escea na tele con sangue. Dentro do malo xa sabemos que lle pasou.
E hoxe xa fomos á praia a saltar olas mentres uns paseantes en paddle surf remaban entre arroaces.
Na foto un cartaz protesta no centro de saúde de Vilaguindastre que está ben cambiado.

Etiquetas:

xoves, 12 de setembro de 2019

Entre tres libros


Neste pasado dia da Diada e aniversario do 11 de setembro de 2001, Xela e máis nenos empezaron un novo curso. Xela ía contenta coas súas trenzas de raíz e o pelo alisado que quería conservar durmindo sentada.
Eu sigo coa miña rotina e lendo libros de fuxidos da guerra civil, do conflito do Sahara e agora quero ler  " Se isto é un home " de Primo Levi que sobreviviu en Auschwitz.
E que non se repitan estas traxedias !.

Etiquetas: ,

luns, 9 de setembro de 2019

Coletazos de final de verán



Cunhas temperaturas excelentes, pelegríns a centos, actuacións, terraceos e praia de olas o verán négase a deixarnos.

Etiquetas:

venres, 6 de setembro de 2019

Tremebundo venres


Semana de calor e traballo. Noites enviando palabras con memoria ao AELG. Radios que falan de síndrome postvacacional, desgoberno en España, esquiadora perdida e defensa patriótica dun artista da ópera.
Xa non sei se soño por min ou por trabadas de cínifres extraños.

Etiquetas:

domingo, 1 de setembro de 2019

En ciclos


O tempo transcorrido pode ser lineal ou cíclico e así linealmente na fábrica estou aprendendo o posto que me faltaba por aprender. Cíclico pode ser o que acontece coas mareas que, cada tanto tempo, son vivas e chegan mesmo a inundar o terreo para xogar ao balón que hai na praia de Vlrñ para abraio de Leo que quería estar alí.
Tamén o Leo muda de voz e faise máis home e abre un novo ciclo que eu estou pechando.
Lei de vida !.

Etiquetas: , ,