leoeosseus

sábado, 29 de xuño de 2019

Oitavo ano ( e mais cinco días )


Pasou o aniversario da xoubiña que coincidiu co accidente que tiven. Será que non saltei a fogueira para librarme de bruxas e meigallos. A min non me pasou nada pero o coche creo que deixou de rodar porque a reparación custa máis do que vale o coche.
Por tal motivo Xela quedou sen soprar candeas e iso que merece festa e agasallos polas notazas que tivo no cole. A nena é mui intelixente e inquisitiva e cun carácter forte que promete un futuro máis que interesante.
Para o luns ten a festa cos amigos e terá presentes. E o asunto do coche xa se amañará dun xeito ou outro.

Etiquetas:

sábado, 15 de xuño de 2019

Cleopatra quere falar galego


Saíndo da autovía respírase o ambiente humano e así atopo esta vítima dunha despedida de solteiros.
Levei a Leo para a comida cos compañeiros de fútbol e á volta enchín o depósito do coche. Na gasolineira faloume Cleopatra, unha rapaza cun corte de pelo e uns ollos pintados que me lembran a esa emperatriz ( ou era faraona ?). Díxome que era de Benavente e que quería aprender galego pero ninguén llo falaba. Eu díxenlle que contase comigo que non falo outra cousa. Logo ela falou cun chófer e rectificoulle dicindo que era señorita e non señora que ningún galego quería casar co ela.
Está claro que non é este da foto !.
Que teña sorte Cleopatra; co noivo e co galego !.

Etiquetas: ,

domingo, 9 de xuño de 2019

Na veciñanza



Aos poucos imos adaptándonos á nova veciñanza que ten de todo. Cada vivenda é un misterio que aos poucos vai desvelando os seus habitantes anque coñecemos máis nomes de cans que de donos; é o que ten pasear a Elsa !.
Tamén parece que hai un ocupa no motel abandoado mencionado por min en novembro e o " propietario " deixou a súa sinatura aproveitando aquel cartel indeciso.
Seguirei informando.

Etiquetas:

domingo, 2 de xuño de 2019

Resaca postelectoral


O día das eleccións foi un día de calor con cara de felicidade nos candidatos e na xente que ía votar que sentirse importante co seu voto sempre levanta un chisco o ego.
En Vilaguindastre os resultados foron parecidos aos de hai uns catro anos así que o elefante branco alcumado " Trinta por cento " ten o poder de decidir quen vai ser alcalde.


E a xente do común tócalle seguir coa súa vida goberne quen goberne.

Poño o meu retrato feito por Xela por se algún día me presento a algunha elección.

Etiquetas: ,