O meu maniscoto preferido
O Leo está grande e case do meu altor. Ten os seus grans da pubertade na fronte e esa voz chea de pitidos de época de cambio. Cambiou de equipo de fútbol pero aínda non compite porque non lle dan dado a baixa no equipo anterior.
No instituto vai ben e quixo facer unha folga de zurdos ou maniscotos que quedou en nada.
O amigo Xabres da Teixeira quería saber do Leo, o meu maniscoto preferido e aquí queda este resumo pequeno coma este febreiro.
Etiquetas: leo XIII