Aquelas viaxes polo corredor do Morrazo ás veces tan lentas que mesmo daban para fotografar pintadas.
Aquelas paseatas nocturnas con vagalumes ou coa chuvia no mar para sorpresa e ledicia de Mehdi que podía beber auga caída do ceo.
Aquelas partidas de petanca, de paletas, pachangas e rebumbios: fermosa palabra para definir un fútbol de poucos xogadores que xogan todos contra todos. Tamén Mehdi descubriu os cangrexos e ata topou un diminuto dentro dun croque dunha empanada !.
Aquela tarde de cinema onde Mehdi riu muito con
Gru 3 e ofreceu palomitas a unha descoñecida.
Aquela manifestación pedindo a liberdade para os presos saharauis en Marrocos. Gozar do espectáculo dos mimos, os escaparates con mariscos vivos e o ambiente festeiro de Santiago antes do día grande de Galicia.
Aquela construción dunha balsa por Robinson Crusoe e Venres na praia case paradisíaca.
Aqueles parrulos que percorrían con pachorra a praia para nadar despois cara o seu acubillo nocturno.
Aquela foguetería para despedida da festa e que coincidía coa fin da nosa estadía en Vlrñ.
De verdade que semella que foi hai un século.
Etiquetas: cinema I, curiosidades XVII, familia VI