leoeosseus

Wednesday, 27 November 2013

Dáme na espiña


Dáme na espiña que non vai tocar este número na lotaría de Nadal pero hai que mercalo porque é o que xoga a empresa. Hoxe tocou volta de fin de vacacións e despois desta noite que andaron os trasnos a pintar todos os coches de branco era obriga mercar un dos últimos décimos.
Pero si non toca a lotaría pode ser que Leo saque uns cartiños de mais para a familia cando sexa maior e escriba cousas como as que escribe agora que non teñen desperdicio.

 


PIRATAS los piratas son una triculacion de marineros y un jefe que no tiene ni pata ni mano y tampoco ojo
 



MOMIAS las momias son personas cubiertas  de papel y gienico que se encuentran en egipto

Labels: ,

Sunday, 24 November 2013

Vixésimo noveno mes ( e mais un día )

 
 
 
O tempo segue o seu camiño e a nena fai vintenove meses. Segue sendo a chica activa da casa cos seus momentos de xenio e carácter. Estamos contentos en como evoluciona coa comida. Fala bastante e pregunta se estamos contentos a cada pouco. Gústalle pintar, fuchicar en todo, repetir e que lle repitan, saír da casa ( anque ela confunde con quedar ) e mandaricar. Sabe nomes de compañeiros da guardería e recoñece algúns pais e cada vez se leva millor coas súas mamás do cole que é como chama ás profesoras. É atrevida e un punto inconformista.
No asunto de pedir necesidades estamos con dous pasos para adiante e un para atrás porque tanto pide todo o día como hai días que se lle escapa ata catro veces o pis.
No falar progresa e coñece números e algunha letra e a letra "x" para ela é a letra de Xela. Confunde os xéneros masculino co feminino e case todo é feminino. Ten algunha palabra simpática como " mouto " para dicir monstruo e " arragar " para agarrar.
E aí está !.

Labels:

Thursday, 21 November 2013

Valencia

Valencia é monumentos.

 
 
 

 
 

 
 

 
 

 
 
Valencia son parques no río Turia desviado.
 

 


Valencia ten o seu Gulliver onde nós somos os liliputienses.
 
 

 


Valencia tamén é o Bioparc que semella un paraíso.
 


Anque haxa alguén non mui contento coa idea porque ten a súa dignidade.
 


Valencia é o Oceanografic.
 


Valencia tamén é o museo de ciencias.
 


Valencia é a proba de Filípides onde a representación de Vilaguindastre deixou ben alto o pabellón.
 


Valencia é avión, taxi, metro, bus turístico, bici turística e muito camiñar.
 


Valencia son curiosidades como loros vivindo ceibes, tascas tradicionais atendidas por chineses, ovos cocidos de venda en supermercados, turronerías, muita xente pedindo e un cheiro feo a auga choca.
 

 
 

 

Pero o millor de Valencia pode ser a xente que é amable, faladeira e ofrécese para axudar.

Labels:

Tuesday, 12 November 2013

12-11-13


Pasan os días e non posteo pero a vida segue. Son visitas de familia de Mallorca, é ver a obra de títeres " O príncipe e o parrulo ", é probar varias etapas do Pinchorriño, é relembrar a palabra " barrar " de Arbo co significado de untar, é mercar os trompos para Leo e Xela do San Martiño 2013, é mercar unha maqueta dun carro en memoria dun fragueiro que morreu estes días, é meter a bandeira de " Nunca mais " nunha maleta para facela ondear na outra beira da península Ibérica.
É a vida que uns días camiña e outros vai en avión.

Labels:

Thursday, 7 November 2013

A " Leopedia "


O Leo leva uns días que nos está a sorprender. Hoxe mesmo leveino á perruquería e aguantou bastante ben o asunto. Tamén inflúe que lle puxeron a tele para entretelo.
Onde máis se nota é á hora de ler e escribir. No verán apenas leu e escribiu mui pouco e mui mal pero agora le muito e rápido ( graciñas, Pupi ) e aparte escribe ata que lle doe a man e non é unha frase feita.
Agora mesmo está escribindo unha especie de enciclopedia que eu chamo a "Leopedia" e xa leva dezaseis páxinas onde fala de todo un pouco. Encantoume o final da páxina 13 onde explica como son as persoas. Vouno transcribir porque na foto ao millor non se apreza.

AS PERSOAS
as persoas somos nosotros cubiertos de pel, carne, osos
fumos o primer inbento

Outro día seguirei coa " Leopedia ".

Labels:

Friday, 1 November 2013

Xenética


 
Hoxe choveu e aínda chove e agrisalla as paisaxes e deixa repugnantes ou murchos aos nenos.
Pero non quero falar diso e si do paraugas de abaixo. Merqueino haberá uns quince días e meu irmán mercou o mesmo modelo un día deses noutro sitio distinto pero o " sete parroquias " igualito en todo !. El marcouno e eu tamén, non coa mesma marca que xa sería o colmo. Se todas estas casualidades non teñen que ver coa xenética que alguén mo explique



Labels: