leoeosseus

sábado, 26 de abril de 2014

Trixésimo cuarto mes ( e máis dous días )


A chica maior posa para as fotos. Segue espabilando a alta velocidade e ata xoga a ser a mamá do seu irmán. Case domina as súas necesidades pero na noite ten que usar cueiro. Vai empezando a comer variado pero no momento que quere ela. Iso si, a tetiña da nai está aí anque Xela ande oscilando entre ser maior e non tomar tetiña ou seguir sendo unha bebiña.
E así resumo este mes desta nena inquieta e cariñosa pero coas súas rabechas no momento de saír da casa que non quere vestirse ou calzarse.

Etiquetas:

sábado, 19 de abril de 2014

Marcelle

 
 
Hoxe decidimos ir a Marcelle cos nenos e o curmán F. O asunto empezou mal cando quedou o coche atorado nun rego que cruzaba o aparcamento. Intentamos sacalo de alí puxando e ata axudou unha parella da Garda Civil pero nin poñendo cheo de lama a un garda conseguimos sacalo de alí. Á tarde enganchamos o coche cun tractor do zoo e saiu sen máis problema.
 


Hoxe eramos unha marabunta de xente. Para quitar as entradas fixemos unha cola de media hora. Logo para ir ao baño, pedir algo de beber ou mesmo sacar algo das máquinas expendedoras había que facer cola. Houbo agotamento dos produtos e todo. Quedou sobrepasada a organización do zoo.



Pero non todo ten que ser malo. Máis tarde marchou a calor abafante e puidemos admirar o zoo que está ben organizado e coidado. Ten muitas zonas de descanso, esculturas de madeira e ata teñen un hórreo da zona leste de Lugo.




Houbo unha tribu de sioux con disfraces de xoguetería que facían o indio e máis nada.



Pero o millor son os animais que estaban ben coidados e nun entorno bastante bo para eles.

Pois nada, outro lugar máis que coñecemos da terriña.

Etiquetas:

domingo, 13 de abril de 2014

Mediando abril

Estou botando unha tempada traballando de noite e non vou ter vagar abondo para visitar estas leiras virtuais así que irei actualizando como poida.
Nesta semana fomos ao cine a mirar " Mr Peabody e Sherman " e Xela tamén ía ir ao cine por primeira vez se non quedase durmida.
Onte sábado fixo un día fermoso así que collemos o barco para cruzar a ría.
Leo aprendeu en directo o significado da palabra ronsel.

 
 
Tamén tivemos oportunidade de mirar o barco de salvamento probando os tubos de lanzar auga.

 
No parque doutra beira da ría desfrutaron os dous.







Pero o que máis lles gustou foi ir nos coches de choque. Foi unha experiencia que temos que repetir.
Ata a próxima.


Etiquetas: , ,

venres, 4 de abril de 2014

Zurdos famosos


O Leo tivo hoxe un arrebato de tristura por ser zurdo. El quere ser como a maioría e cre que ser zurdo é mala sorte. Eu díxenlle que ser zurdo é como ter ollos verdes ou azuis e que ser máis cantidade non é bo necesariamente porque hai máis pobres ca ricos. Para consolalo busquei en Google zurdos famosos e sorprendinme eu tamén. A Leo o que lle chamou a atención foi Charles Chaplin e entón puxémonos a mirar varios vídeos ata que o neno foi a cama canso pero contento.
A ver se somos capaces de resolver todos os problemas dos fillos de maneira tan doada.
A imaxe tireina de Taringa .

Etiquetas: