leoeosseus

luns, 26 de maio de 2014

Monicreques


Como dixo o titiriteiro portugués, esta obra leva máis de douscentos anos representándose e segue igual de actual. Nela uns monecos pelexan, berran, rinse de todo e ata da morte e fan cousas proibidas para nós o público. Mentres nós rimos, aplaudimos e pagamos.
A que me soará todo isto ?.

Etiquetas:

sábado, 24 de maio de 2014

Trixésimo quinto mes ( e unha volta por Cans )

 



A xoubiña vai camiño dos tres anos e segue cunha vitalidade de película. Resiste máis que o coello de Duracell e consume mui pouco. Gústalle a televisión e todas as actividades novas. Hai veces que quere xogar con Leo e el non quere e chora a nena pero é facil de consolar e remata respondendo: " Vale ". Quere ser amiga de todos e cando escapan Leo e o curmán dicindo que Xela é un mostro ela chora dicindo que quere ser a súa amiga. Gústalle fregar todo o chan incluindo alfombras e pés e pintar en todos os lugares. Tamén enxabrona o chan con toda a intensidade. Intensidade que perde á hora de comer que come petiscando todo cos dedos larafuzándose toda. Xa pide sempre para as súas necesidades pero ten que durmir con cueiro. Fala ben anque mistura presente con pasado e futuro de forma simpática e di: " Antes era grande pero el viernes voy a ser un bebé y mi porto bien y no tomo tetiña ". Ten carácter rebelde e rematamos enfadados co ela ela di: " Mi voy a portar bien ". Pero dúralle un minuto ata que fai outra.
En definitiva,pasámolo ben co ela.


 
E hoxe acerqueime ao festival de Cans. Collín o autobús coa avoaE, un autobús que custa un euro e podes utilizalo as veces que queiras. O festival medrou en espazo e segue co seu ambiente dos chimpíns, música e a xente indo dun ghalpón a outro bebendo e pasándoo ben.
Poño a foto dun cartaz deses simpáticos que poñen da xente que vai casar que eu pensaba que era dunha curtametraxe.

Etiquetas: ,

domingo, 18 de maio de 2014

Ponteando

 
 
Andando por Pontevedra.

 


 
E Marín.



Coa compaña de amigos e celebrando un aniversario.


 



E rematando a fin de semana debaixo das pontes de Redondela.
Iso é ponteando.

Etiquetas:

sábado, 17 de maio de 2014

A carranchas



Mentres o corpo aguante e a nena non medre poderei levala a carranchas por mil lugares.
Noutros lugares din levar ás carranchapernas ou a chiculeiro.
Que esas expresións e semellantes sigan por muito tempo.
Por hoxe e polo futuro.
 


Etiquetas:

luns, 12 de maio de 2014

Aí vén o maio



Cos seus días de sol.
 


Cos seus seráns cubrindo de boira as colinas coma se fosen cumios nevados.

 


Coa descuberta de aparellos electrónicos para evitar berros e dedos izados en cafeterías.

 


Coa cita anual de Eurovisión e o circo que o arrodea.

 


E coa revisita a sitios case de película, reformados, agradables e baratos.

Etiquetas:

xoves, 1 de maio de 2014

Enmaiándose


Aproveitamos o bo día e fomos a unha vila portuguesa adornada de coroas de flores e pólas de xestas.



As obras de arte repártense por toda a localidade e buscamos entre as varias facianas a nosa.
Eu, definitivamente, son o elo perdido.


As vistas dende o alto son marabillosas.

 
Dá gusto pasear coa familia grande e coñecer novos lugares.

Etiquetas: