leoeosseus

luns, 27 de febreiro de 2012

Anécdotas do Sergas




Hai tempo lin que o Sergas organizara un concurso de anécdotas e foron ao humor facilón e infantil que menospreza a fala da xente que non ten que ver co mundiño profisional médico.
Aquí copio e pego algo:

-Butano: “Box de Urgencias. Anamnesis del facultativo a un EPOC severo: -Y dígame, usted tiene oxígeno en casa? Y responde el acompañante: -Ai, non, nós na casa temos butano”.

-Mamadafría: “Estando en el mostrador de cita especializada se acerca un hombre seguido de su mujer y me dice: ´A ver, que veño ca muller do ginecólogo e dixo que lle hai que facer unha mamadafría`. En principio no supe ubicar la prueba a la que se refería, pero al instante se me iluminó la bombilla y dije: ´¿una mamografía?, si eso eso, pero que seña pronto. Bestial!!! (…). Me tuve que levantar para buscar el documento correspondiente (y partirme el culo de risa de paso, jejejeje)”.


E como estamos aquí todos para rir eu contribúo a ese concurso de anécdotas coa foto que demostra que os libros do centro de saúde de Vilaguindastre teñen vida propia. Iso si que é unha boa anécdota !.

Etiquetas:

sábado, 25 de febreiro de 2012

Oitavo mes ( e máis un día )




A xoubiña fixo o seu oitavo mes de vida e siga cunha vitalidade imparable. Agora agataña a toda velocidade detrás de todo o que se mova. Pasou de estar sentada a agatañar rapidamente e sen pasar pola etapa de agatumar ( gatexar co corpo pegado ao chan ). Agora volve meter o polegar esquerdo na boca mesmo xogando con algo na outra man. Hai veces que lle pomos un calcetín na man esquerda para que deixe o dedo tranquilo un momento. Todo debe de ser pola dor de enxivas que lle estarán a nacer máis dentes aparte dos dous que ten. Progresou no " falar " e deixou de fungar tanto coa boca fechada e pasou a gaguexar muito tempo. Imita os movementos de cabeza para dicir non e ri cando lle rin. Vai comendo unhas veces mal e outras millor e segue coa teta. É mui curiosa e dorme ben agora de noite que aí atrás estivo atascada de mocos e espertaba cada pouco.


E segue a conta.

Etiquetas:

mércores, 22 de febreiro de 2012

De entruido



Como a vida tamén ten momentos de lecer aquí estamos preparados para o entruido. O Leo de Pinocho, Xela de bailarina e o menda de viquingo cos cornos plásticos máis grandes de Vilaguindastre. A fotógrafa ía de pallaza.

Este ano non me metín con ninguén anque uns nenos piratas, mosqueteiros e cabaleiros medievais querían luitar contra min.

Etiquetas: ,

luns, 20 de febreiro de 2012

Manifestándose


Anque vai valer de pouco xuntámonos muitos para dicir que non estamos de acordo coa reforma laboral.
Como estamos en pleno entruido algunha xente aproveitou para disfrazarse e darlle un toque distinto á protesta.


Etiquetas:

sábado, 18 de febreiro de 2012

Agatañando




Aquí temos á artista da casa. Agora colleu mobilidade e non hai quen a deteña. O día dos enamorados empezou a agatañar e percorre todo o que ten arredor. Os enchufes e cables son imáns para ela así como as sillas, as esquinas das paredes e un tope da porta do chan que non hai millor xoguete para ela. Está espabiladísima e non hai quen a pare. E aínda non ten oito meses !.

Etiquetas:

venres, 10 de febreiro de 2012

Ser famoso



Eu nunca envexei a fama de ninguén porque todos temos a nosa vida e non todo o mundo ten que enteirarse se un ten caries, está de baixa ou lle fan unha colonoscopia, por exemplo. Hai outros famosos que dan pé para facer monecos de guiñol con eles no estranxeiro e levantan polémica. A min iso non me encomodaría. O que si me fastidiaría é que fixesen un desatascador coa miña imaxe como fixeron uns coa imaxe da famosa Lola Flores, quediolateñanaghloria. Iso si que é grave e atenta contra a persoa.

Etiquetas:

martes, 7 de febreiro de 2012

Para quedar conxelado



Como fai frío estes días ando rebuscando na roupa de abrigo e topei nun peto este papel do ano pasado. Supoño que o gardei para os días de calor; para ler ese "coleguio" e quedar conxelado no momento.

Etiquetas:

sábado, 4 de febreiro de 2012

Inocencia



Pasa o tempo por riba de todos e fainos adultos e un chisco ruins. Sempre lembrarei a inocencia de Leo preparando o agasallo para o décimo terceiro aniversario dun curmán. Preparoulle con toda a ilusión os números escritos do un ata o trece en folios para colorear.

Encántame esa inocencia !. Que tarde en perdela !.

Etiquetas:

venres, 3 de febreiro de 2012

Bilingüismo en Zara

Zara HOME, A Coruña, Spain
This travel blog photo's source is TravelPod page: My First Critic Writing



O outro día fun a unha tenda de Zara e hai que ver que son tan bilingües que dan lugar a equívocos. Se vas a Zara Home non hai cousas para homes senón cousas do fogar. Non se che ocorra ir mercar manoplas, aneis ou reloxios a Zara Man que non ten nada que ver coa extremidade do corpo. Se entras pola tenda non lle fagas caso aos manequíns que levan camisolas coa palabra " Sale " que semella que che ordean saír nada máis entrar. Iso si, hai unha empregada que seguro que a contrataron polo seu nome. Chámase Jessi, ou sexa: Yes-Si.


Menos mal que rematan as rebaixas e así non me van saír posteos tan chorras coma este.

Etiquetas:

mércores, 1 de febreiro de 2012

Burlando a lei



Nestes últimos tempos teñen aparecido por Vilaguindastre carteis proibindo " pegar carteis e facer pintadas ". Eu descubrín o carteliño curioso da foto e pregunteime a quen se denunciaría esta burla da lei. Supoño que acabarían denunciando a Deus que non é a primeira vez que se denuncia que xa o fixo o rumano Pavel M. cando demandou a Deus por deixalo caír nas mans do Demo e así acabou sendo malo.

Etiquetas: