Misterios de San Pedro
Algunhas tradicións van a menos coma o costume de roubar carros e cancelas na noite de San Xoán ou na de San Pedro.
Na foto está o resultado desta noite de San Xoán en Vilaguindastre onde apareceron nun sitio céntrico " misteriosamente " vallas e unha porta de madeira.
Hoxe percorrín algúns lugares camiño de Arbo onde outros anos aparecían cousas pero neste ano non había nada.
Outro costume que vai a menos.
Etiquetas: etnografía IX