leoeosseus

domingo, 30 de setembro de 2018

Doce anos ( e mais tres días )


E vai unha ducia !. Quen o diría !. O Leo xa é un mociño que vai ao instituto e que xoga ao fútbol e quere ser youtuber e comentar xogos ou partidos. Segue a ser un neno responsable cos deberes e que non entende aos nenos que se portan mal e que aínda se gaban diso.
Tivo a festa na escola vella coma o ano pasado e xogaron ao fútbol e con globos de auga que aínda fai calor. De agasallo quere un xogo da play e un mando pero tamén recibiu algún libro e algunha roupa.
Estamos contentos co el.

Etiquetas:

luns, 24 de setembro de 2018

Octoséximo sétimo mes


Xela nestes días está na súa salsa. Estamos en festas e quere montar nos coches de choque, no WipeOut e outras trangalladas como xogar ao xoquei de aire, comer churros de chocolate, piar por pistolas de pompas ou pescar parrulos como fai na foto. Dábanlle de premio xogos de maquillaxe ou monecas pero ela quere un xoguete para nenos e colleu un Talking Tom.
Conduce mui ben nos coches de choque e pega chimpos incribles no WipeOut e iso que segue a alimentarse de aire.
Nela miro o éxito da especie humana que con apenas comida pode facer de todo.
E así andamos !.

Etiquetas:

domingo, 23 de setembro de 2018

Calor e auga


Seguimos coa semana de adaptación dos nenos ao seu novo curso coas súas actividades e nós andamos con papeleos que me obrigan a vestir pantalóns longos coa calor que fai.
Prefiro estar no merendeiro do río Deique perto de onde adestra Leo.


Co esta calor apetece beber e ata probaría esa auga negra do Canadá que resulta canda menos curiosa.

Bueno, dentro dun chisco baixamos ás festas de Vilaguindastre e mollaremos a palleta.

Etiquetas: ,

luns, 17 de setembro de 2018

Leo no instituto



Hoxe Leo tivo a presentación no instituto e coñeceu aos compañeiros que seguen co el, a súa aula e o horario.
Naideleo tamén empezou no seu instituto a sete quilómetros.
A Xela leveina ao cole e eu quedei a arrombar a casa. Logo recollina para levala á dentista que non lle dá saído o sacho esquerdo pero seica é normal.
E a min tócame traballar de noite polo que este luns vai ser lembrado por longo e intenso.

Etiquetas:

domingo, 16 de setembro de 2018

Collendo xeito


Xela empezou o cole e gústalle a profe a pesares de ser loira que non lle gostan as loiras, non sei por que motivo. Tamén reenganchou ioga que o abandoara o ano pasado e comezou a tocar a guitarra.
Por outra banda Leo onte xogou uns minutos co Ribadelouro e con iso está contento.
Todo vai collendo xeito e non o escrito do cartaz que fotografei que ten unha mistura española-portuguesa-galega que non dá confianza nesa empresa de viaxes.

Etiquetas: , ,

mércores, 12 de setembro de 2018

Rexurdir do lume


Non colleron a Leo no equipo de Pontellas. Sobraban nenos e Leo, T. S e P. chegaron os últimos e tiveron que buscar outro equipo. Agora adestran no Ribadelouro e van xogar amistosos porque non son suficientes nenos e hai que misturar categorias. A Leo gustoulle o adestramento e iso é o que importa.
Xela empeza o cole dentro dunhas horas e a ver que tal.
Tamén caíron as Torres Xemelgas hai dezasete anos xa ! e rexurdiu algo no lugar delas.
E en Vilaguindastre celebrouse o aniversario cun novo incendio nunha clasificadora de refugallos e xa vai o terceiro.
Pero hai que ser positivos como a parella da foto.

Etiquetas: , ,

mércores, 5 de setembro de 2018

Verán agonizante



Os días acúrtanse mentres os nenos gozan dunha praia con olas.
Fútbol, piscina, crêpes, pingueira na ducha, axeitamento dun piso para alugar e unha visita a un chalet adosado ocuparon esta semana pasada.
A vida corre rápida e case non saímos na foto como lle pasou a este descoñecido.


Etiquetas: