
Nestas vacacións de semana santa todo o mundo se move por aí adiante e nós non iamos ser menos así que fixemos unha viaxe en submarino pola ría de Vigo. Bueno, non foi tal que foi unha viaxe virtual no
museo Naturnova onde foi o que máis me gustou pese a súa curta duración e a non ser a proxección en galego anque xa tiña que estar acostumado. Na viaxe topamos con habitantes da ría con nome castelán menos o muxo que non deberon topar a tradución. Botei en falta que non nomeasen a
uxa, nome que aprendín hai un par de meses da boca dun compañeiro de traballo que fai submarinismo. Supoño que o compañeiro non lle aprenderá esa palabra fermosísima aos seu fillos porque lles fala castelán pero eu aprendereilla a Leo cando se dea a ocasión.
Por certo,
o Leo sae falando na páxina eufalo. tv; páxina que non ten desperdicio.
Etiquetas: interrede V, leo VI, lingua V, natureza IV