Cando xa non contaba coa cesta da empresa foi e apareceu. Sempre é unha alegría cargar co ela para casa.
O Leo tivo o festival do cole hoxe. O director case nos fai chorar falando do mal que o pasaba a xente agora. De quince familias que necesitaban caridade hai dous anos pasouse a noventa e catro este ano. Son xente que quedou sen traballo, sen paro e hai casos nos que lles cortaron a luz.
Como non era día para estar triste deu comezo ao festival onde houbo villancicos, panxoliñas, carols, bailes, unha historia do cinema e un
monólogo adicado á lotaría do Nadal con parodia do
anuncio incluida.
Os nenos da idade de Leo cantaron
" O cuarto rei mago " de Mamacabra.
Como non se pode estar en dous sitios ao mesmo tempo perdín a visita dos paxes á gardería de Xela onde ela lles entregou a súa carta pedindo un regalo lila. O outro día sentouse no colo de Papa Noel nun centro comercial e quedou desilusionada porque non lle deu ningún regalo e deulle uns caramelos que non podía comer ela.
E así imos vivindo estas datas.
Etiquetas: curiosidades X, familia IV, traballo IV