![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEgqxibR84LNCYqkfxhKVChnD6IMaYlvPd2b9PI-gnYA0s2LipYc4BETn47wbW7X2Al7JPIjMJksTwrGo8Hzi2DE-RbQo1atTsAeRmwXo0mMxuBZh8iOcSFuOCAkV-qZKtdnad6v0g/s400/22-5-07+019.jpg)
O tempo segue o seu camiño adiante sen preguntar e sen se deter e así outro compañeiro da torredocaminho se retirou onte. Vou botar de menos as súas
historias de fondo sabor popular e as súas
anécdotas que abrochaban con cada palabra.
Esta noite pasada trouxo de despedida uns chourizos da casa con viño bastante bó e un licor de cilantro nunha cesta talmente á da Carrapouchiña e falamos de viños, de matanzas de porcos e de enviar produtos da casa en maletas.
Como el me regalou tantos contos eu faleille do conto de traballar por " fas ".
Resulta que a un que se xubilaba un compañeiro díxolle que agora ía aprender a traballar por " fas ". O que se retiraba respondeulle que non sabía nada de traballos de oficina ao que o outro respondeulle: " Si, home si. Agora vas traballar por " fas " porque vai vir túa muller e vaiche dicir " Agora fas isto e logo fas aquilo " e así sempre ".
Na foto unha das vistas dende a torredocaminho.
Etiquetas: traballo III