leoeosseus

Sunday, 30 August 2015

35 e pico



35 e pico grados facía de calor polos Peares.

 
 
A noite refrescou un pouquiño de nada pero era unha noite perfecta de festa.
 


E tanta calor resultou en treboada e saraviada en Acedre neste domingo.

Labels: , ,

Thursday, 27 August 2015

Kiwiños e fatóns


Vaia agosto mollado que levamos !. A xente ten medo a que pudran as uvas pero os kiwiños e os fatóns xa se salvaron e están preparados para comer. Os kiwiños están verdes claros e en poucos días póñense verdes escuros e listos para comer co seu sabor mistura de kiwi e figo.
Estes días Xela vai a perruquería, estamos facendo reencontros coa xente do ano escolar e vellos amigos que preguntan por este blogo que vai tirando mal ou ben.
E hoxe houbo " película " coa actuación de ambulancia, Guardia Civil, policía local, forense e servizos funerarios para ( unha veciña ) un veciño.
A vida segue coas súas sorpresas.

Labels:

Monday, 24 August 2015

Quincuaxésimo mes


Exemplo perfecto de aforro enerxético: con aire, auga e algúns derivados do cacao conseguimos este exemplar de nena inqueda, activa, rabicha e chea  de enerxía e personalidade.
Cando está de boas é unha marabilla pero cando está de malas berra coma unha posesa e ten que ser o que ela quere. Xoga con Leo ou máis ben el faina rabear. Tamén xogan na Wii e hai cousas nas que gaña ao irmán para abraio noso. Iso si, a tele ocupa gran parte do seu tempo de lecer.
Esperamos que coa volta ao cole colla máis as letras e os números que os ten de lado.

Labels:

Sunday, 23 August 2015

Toralla e Paraños



O xoves acercámonos á finca Mirambell que había unha explicación teatralizada do pasado romano de Vigo.
Recibíronnos cunha chuvia de pétalos de flore. Logo houbo visita ao museo e despois entramos na excavación. Alí explicaron o sistema de construcción e a vida naqueles tempos. Despois foi a actuación dunha venda de tres esclavos, despois saíron dous gladiadores luitando e rematou todo cos dous bailes de catro romanas



Onte non sabiamos onde ir co este tempo tan inestable e rematamos no sendeiro do río Xabriña en Paraños, O Covelo. Pasamos por construcións restauradas ou ben conservadas, un lagar de cera, varios muiños e chegamos ao Pozo do Demo.
Foi un sábado distinto.

Labels: ,

Wednesday, 19 August 2015

Día complicado


Hoxe facía una tarde preciosa e decidimos ir á praia de Vilariño e a tarde foi máis ou menos ben: bo tempo e auga tépeda. Houbo un momento que Leo quixo ir ao baño e alá fomos anque chegamos un pouco tarde. Pero o pior foi a volta á praia que Xela desaparecera. Alá nos tocou buscala dun lado a outro e foron uns minutos que deron para pensar de todo e non precisamente bo. Ao final apareceu na punta da dereita da foto e nós estabamos no medio. Resulta que quedara con Naideleo e, xogando, tiroulle Xela area por riba. Naideleo díxolle que tivese cuidado e Xela pediu perdón. Naideleo non se enteirou entón Xela encomodouse e marchou andando ata a punta da praia.
Bueno, foron uns minutos para esquecer pero non cairá esa breva.
Logo fomos polo coche que non estaba mui ben aparcado pero seguía no sitio e logo tocou apandar a caravana de volta.
Menos mal que o día remata nuns minutos.

Labels:

Monday, 17 August 2015

Atrás queda


 
 
Atrás queda unha fin de semana intensa con festa en Cee onde os ananos gozaron cos cilindros flotantes, os inchables, un carrusel, os coches de choque e o hockey sobre aire.
O sábado recollemos e co mal tempo que facía paramos en Santiago, nas Cancelas, no " Muerde la pasta ".
 

 
O domingo estivemos por terras morracensas. O xantar no restaurante foi un chisco caótico con pratos a destempo e tortilla con casca de ovo incluida. A tarde adicámola a pasear polo bosque encantado que non coñecían os amigos do Morrazo. Os nenos exploraron e contaron historias de medo e así levaron un susto cun adulto que xurdiu do escondite.
Logo paseo pola pasarela de madeira de Vilariño e cea na furgoneta da pizza.
Hai que aproveitar os días do verán como sexa !.

Labels: ,

Monday, 10 August 2015

Entre muxicas


Atrás quedou a fin de semana coa familia por terras fisterrás. Houbo barco das merendas, xantar en Cee, xogar no parque a fuxir do mostro que era eu, caídas en cadea dos nenos, praia, festa en Sardiñeiro co cantante que traballou comigo en Torredocaminho, as atracións do inchable e da lavadora que mareou a Leo un pouco, máis praia e xantar no único restaurante que tiña mesas libres no domingo ardente.
Logo tocou a volta entre nubes de fume.
Hoxe están os coches cheos de muxicas.

Labels:

Thursday, 6 August 2015

Entre boiras


Apetecíame pegar unha volta e alá fun ata a praia de Patos. A boira do mar cubría a costa así que subín a Monteferro a admirar o mar cuberta pola néboa coas bucinas dos barcos soando por todas partes.
Andei por eses camiños e topei con xente que facía fotos, outros collían moras ( fan ben, no Carrefour venden unhas poucas nunha bandexa por dous euros ), outros pescaban e ata había quen escalaba ao lado do faro.
Eu visitei o cuartel e as baterías abandoadas e fotografei aquí e acolá: as illas Cíes coa boira, as illas Estelas xurdindo e desaparecendo no mar de nubes baixas, unha cruz nas rochas e ata algo que me semellaba un canón tirado no mar.

Aquí vai a reportaxe fotográfica.



 

Labels: ,

Tuesday, 4 August 2015

Por aquí e por acolá


Por aquí toca traballar ou andar polos talleres por parabrisas grechados ou lavaparabrisas que non traballan ou facer fotos do primeiro canastro que en vez de tornarratos ten emborracharratos co ese bocoi que o sustenta.


Por Acolá está a familia gozando da praia e da tranquilidade.

Este agosto éche así.

Labels: ,

Saturday, 1 August 2015

Rematou xullo


Cos seus solpores dende o Comariño de Aldán.


Co seu cinema que arrinca pingas dos ollos.


Cun mal día que tiven que traballar máis da conta e restou tempo para estar coa familia toda ( incluida a mallorquina ).



Cun Vilaguindastre con artesáns que falan de petroglifos ou tiovivos medievais de dragóns .


E coas esceas na praia de Vlrñ.

Pero empeza agosto que non pode quedar atrás en boas lembranzas.

Labels: , , , ,