Entre soplos
Onte tocoume soplar candeas de aniversario no xantar e tamén soplei viño e sidra. Pola tarde volvemos a Vilaguindastre para mirar a actuación de Pablo Díaz na que cantou cancións de Tic Tac e Toc Toc. Saímos da actuación e fomos merendar a unha cafetería e eu bebín unha cervexa. Volvendo a casa tocoume soplar outra vez pero no alcolímetro da Garda Civil. -" Buenas tardes. Permiso de conducir ". Deillo e despois preguntoume o axente: "¿ Ha bebido alcohol ?". " Acabo de beber una cerveza ", respondín. "¿ Sólo una ?". " Si ". " Pues a ver cuanto da una cerveza ", con retintín. Así que soplei e non lle quedou máis remedio de mandarme circular. Menos mal que non soplei despois de xantar !.
Etiquetas: curiosidades XI