
O calacú deste ano descansa no cole do Leo, así como outro calacú plástico para gardar lambonadas, unha bruxa con ameazas e unha capa de vampiro que usou pouco Leo. Alí non pasan frío, nin nós tampouco con este tempo primaveral. O que non descansa é o interior do calacú que foi parar aos nosos bandullos en forma de biscoito de calacú.
Agora espero desfrutar da seguinte festa no calendario: o magosto.
















