
Di unha lenda viquinga que o día que naceu Balder, o deus do sol, en Asgard, o mundo dos deuses viquingos, foi un día de gran ledicia.
Todos os habitantes do mundo viñeron adoralo: guerreiros, campesiños, deuses e servos, animais e rochas, árbores e prantas... Alá foron todos sacando o visgo. A deusa Frigg, nai de Balder, fixo xurar a todos os presentes non mancaren nunca o seu fillo recén nado. E todo o mundo xurouno, agás o
visgo.
E Balder medrou fermoso e brillante coma o sol. Co el os campos medraban máis verdes e os homes traballaban máis ledos.
Vivía alí tamén Loki, o deus das mentiras, que morría coa envexa polo seu medio irmán Balder. Tentou matalo de todos os xeitos posibles: con ponzoñas, cortándolle a cabeza ou espetándolle unha espada pero nada pasaba porque todos os obxectos xuraran non mancar a Balder. Todos, agás o visgo.
Un día Loki descubriu esta excepción e fixo unha frecha co esa pranta. A seta furou o corpo de Balder e apagouse cando caiu ao chan.
Fíxose a noite eterna en Asgard e todos foron ao funeral: guerreiros, campesiños, deuses, servos, animais, rochas, árbores, prantas.
A deusa Frigg abrazou o cadáver do fillo amado e empezou a chorar.
- Ti, visgo, que me fixeches o maior dano posible matando o meu fillo; ogallá tiveses tamén o poder de devolverlle a vida e darme a maior ledicia que se poida imaxinar.
As bágoas caíron sobre a frecha e convertéronse en pequenas pérolas brancas; tamén caíron sobre Balder que volveu brillar e ergueuse entre os mortos. Balder colleu a pranta que o matara e que tamén lle devolvera a vida e púxoa por riba da súa cabeza e observouna, coas súas follas verdes e as baguiñas brancas que xurdiron das bágoas da súa nai.
- Muitas gracias, nai -e Balder bicouna na fazula.
E dende entón, polo Nadal, é costume pendurar no limiar das portas unha póla de visgo, e que a xente que se xunte debaixo se dea un bico en lembranza desta lenda para celebrar a ledicia de volver estar xunto á familia e seres queridos.
Etiquetas: lendas