No ano 2000 tiven ocasión de asistir a unha charla de Carlos Casares en Vilaguindastre. Había un feixe de estudiantes de instituto supoño que "forzados" a asistir á charla, tres ou catro señoras e eu. Ó primeiro os rapaces tiñan cara de aburridos pero Carlos Casares nin se inmutou e seguiu co sorriso que traía. Empezou a contar como cando neno escribiu para un concurso no colexio, como escribiu un conto para o fillo dunha amiga e logo publicáronllo, como coñeceu á súa muller no tren que a levaba á Coruña e el convenceuna de ir a Santiago, da casualidade de sentarse xuntos e de saber inglés os dous; el galego e ela sueca, etc.
En fin, que Carlos Casares era un chorro de palabras sinxelas e boas e logrou meter no saco a toda a mocidade que asistía ó acto. Eu logrei falar co el á saída da charla e asinoume o folleto da foto que eu, de parvo, esquecera levar algún libro dos seus. Con vergonza, ruborizado e tatexando deille un papel cunhas palabras que recollín e que non saían en ningún dicionario para que el quedase de gardián delas.
E pasou o tempo e morreu de súpeto...Ou non ?. Eu sei dun gasolineiro que ten a súa cara cuspida. Calquera día collerá o bolígrafo e deixará de asinar albaráns e porase a escribir á
marxe do choio de cada día. Que así sexa.
Este posteo invitado a escribir por
Marcos adícollo á
Mariquinha de Vedra que nunha ocasión comparoume con Carlos Casares e sentinme realmente gabado.
Etiquetas: interrede, lecturas