leoeosseus

xoves, 30 de decembro de 2010

Boa entrada de 2011 !

Vai empezar un novo ano e quero desexar unha boa entrada chea de bos momentos e felicidade.
Xa sabemos como remata o 2010 pero espero que o 2011 non sexa pior... Maloserá !.
Subo a foto dunha cafetería inaugurada este ano en Vilaguindastre onde afrontan o futuro con optimismo.
Que se contaxie todo o mundo !.

Etiquetas:

luns, 27 de decembro de 2010

Cincuenta e un meses


Aí está representado o Leo no seu prebe: contente e escribindo palabras. Leva unha boa tempada interesado en facer números e palabras e ledo. O malo foi estes días que empezou no día de Nadal con febre que desaparecía a base de Dalsy ata outra vez que volvía. Onte tivemos que levalo a urxencias e non lle toparon nada especial así que hai que seguir con Mucosán para os mocos, Dalsy para a febre e Rhinomer para desfacer os mocos que Leo non sabe soplalos e esa auga de mar depurada con flis límpalle o nariz.
Papa Noel portouse ben e estivo en muitas casas e así levou un xogo de instrumentos musicais co seu triángulo desexado incluido, un coche cangreburger de Bob Esponxa, un caneco de Bob Esponxa, un aparcamento de coches, uns contiños da Casa das Fadas e unhas figuras dun Happy Town.
Agora falta saber se lle trae algo o Apalpador e os Reis e a ver se millora da saúde que é o primeiriño.

Etiquetas:

xoves, 23 de decembro de 2010

Postal


Co esta imaxe tan nadaleira da casa do concello de Vilaguindastre quero desexarche un bo comezo de festas.
Bo Nadal !.

Etiquetas:

venres, 17 de decembro de 2010

O Nadal segundo Leo

O Nadal para Leo son luces na rúa. É árbore co seu debuxo do Papa Noel e do calcetín de cintas de cores do cole. É comer chocolatinas do calendario de Advento. É buscar un Herodes en todos os Beléns. É deixar aberta a fiestra xa que non temos cheminea. É DVDs de Rudolph. É o conto de Antón e o Apalpador ( a imaxe está tirada dese conto de barafunda ). É unha procesión na súa mente dos cinco reis: Melchor, Gaspar, Baltasar, Papa Noel e o Apalpador.
En definitiva; o Nadal é a ilusión máxica nos ollos dun neno.

Etiquetas: ,

martes, 14 de decembro de 2010

Personaxes femininas de Nadal


Nestas datas non só reparten agasallos e castigos homes con barbas e trasnos. Tamén hai mulleres en distintos países que reparten xoguetes como é o caso da señora Babushka en Rusia que non quixo visitar ao neno Xesús cando naceu porque facía muito frío e, cando decidiu visitalo, xa non había ninguén en Belén. Entroulle mágoa e decidiu saír dende entón todas as noites do Nadal a repartir xoguetes aos nenos da súa aldea fixese o frío que fixese.
En Rusia tamén reparte xoguetes o primeiro día do ano o Avó Xiada ( Dedushka Moroz ) acompañado da súa axudanta a Doncela de Xeo ( Snegurochka ).
En Galicia temos as pupieiriñas, famoso invento meu que deu muito que falar.

Etiquetas:

domingo, 12 de decembro de 2010

Ross Jonander


Se falamos de tradicións nadaleiras non podemos esquecer a cesta da empresa e a comida. A cesta sae na fotografía e o xantar foi honrado ( segundo dixo o xefe ) pero non se pode esixir demasiado tal como están os tempos.
Este ano foi ao xantar a mistura de Ross e Jonander, un compañeiro simpático e boafé que perde case todo e non se enteira de muito e cantou a Rianxeira que é a canción oficial dos novos da empresa. O ano pasado non foi ao xantar. Estaba de vacacións e cando o chamou o xefe para preguntarlle se ía o Ross Jonander respondeu que ía se lle pagaban como horas extras o tempo do xantar.
Verídico.

Etiquetas: ,

mércores, 8 de decembro de 2010

Diferentes Nadais


O outro día mercámoslle ao Leo un libro precioso de tradicións e contos de Nadal de varios países e hai verdadeiras ledicias para demostrar a riqueza cultural do ser humano.
Un exemplo é o trasno Nisse que ten patas de cabra e sabe o que soñan os humanos para darlles regalos e tamén agasalla e protexe os animais da granxa en Noruega.
Contarei algunhas tradicións máis nestas datas e , mentres, podes aprender algo ( en galego ) do nadal típico alemán aquí.

Etiquetas:

sábado, 4 de decembro de 2010

Misterio zamorano


Non sei o que pasou pero unha boa parte dos veciños xitanos ( ou zamoranos, como se lles chama por Vilaguindastre ) desapareceu da zona pechando os seus pisos e malvendendo mercancía.
Parece ser que houbo un problema de clans e líderes e agora a vecindade ten un vacío extrañísimo.
Aquí comentan algo do caso.

Etiquetas:

mércores, 1 de decembro de 2010

Mea culpa


Merezo levar o nome dos nobres animais enganchados ao camión da foto. Fun levado pola sorpresa e despóis a dúbida de quen sería a miña inimiga e logo pasei á vinganza por algo que foi un erro.
Apana errou cando trascribiu un texto dun blogo ao seu diccionario de insultos e onde saía paideleo como colaborador meteume como sinónimo dun insulto ( compróbao na palabra mortenegra ).
Así que pido desculpas a quen se sentiu ofendido e penso que é millor facer borrón e conta nova.
O que podo facer é descifrar os insultos que escribín e que apana non merece e que merecen estar nesa listaxe de insultos.

marrecas: xorobeta
monxa: que as mata calando
borboleta: muller indecisa
mangoeira: muller pouco traballadora
lapacricas: persoa arrastrada
flatosa: presumida sen ter razón
fervellica: muller inquieta
fachada: con labios leporinos
salgarita: inquieta e fuchicas que todo sabe facer ou iso di

Etiquetas: ,