Algo de distopía
Etiquetas: covid-19 IV, lecturas II
Etiquetas: covid-19 IV, lecturas II
O Leo fixo hoxe catorce anos. Na foto sai todo guapo co pelo cortado hai uns días e o bigote e chiva afeitados por primeira vez. Non soprou as candeas polo Contraviros e non convidou a amigos nin para festa de pixamas nin para nada. Tampouco quería muito agasallo; cunha suscrición para unha canle de fútbol na tele conformouse.
Agora imos mirar como lle vai este curso que é máis complicado.
Etiquetas: leo XIII
Etiquetas: covid-19 IV, personaxes IV
A xoubiña está aquí vindo de xadrez onde o pasa ben anque perda e gañe máis ou menos as mesmas veces. No cole leva mal o da máscara. Acaba asfixiada igual que todo o mundo e o malo é cando unha vez espirrou co ela posta e tivo que estar todo o tempo co ela. É esaxerado o da máscara: todo o día co ela incluso facendo educación física ao aire libre e logo van ao comedor e comen todos ben xuntiños e sen máscara. Non sei que sairá de aí..
Agora xa non lle deixamos xogar á maquinita pola semana e así ela argalla con papeis e fai avións e debuxos. Tamén volveu a música e de momento non ten inglés. A academia á que ía cobrou ben cobrado durante o fechamento e só mandaba ligazóns a vídeos que nin eran deles e non estamos dispostos a tirar cartos tan ricamente.
E o mundo segue a xirar.
Etiquetas: xela X
E seguimos ás voltas co coche vello que non pasou a ITV por unhas chorradas que no desguace son poucos euros. É mágoa ter que volver á ITV para facer cola e andar con máscara de aquí para alá.Ganas dá de mercar unha dilixencia que traballou de taxi en Valadares pero ao dono da chatarrería ofrecéronlle 30000 euros por ela e non a vendeu.
Etiquetas: curiosidades XXI, personaxes IV
Hai palabras novas que empregan os meus fillos como " efe " para algo que sai mal, " equisde " ou " lol " para algo que dá risa ou o " en serio ? " que se aprende na televisión.
E despois hai cousas que aprendín da bisavoa Celia como o " ouregho "que é bo para a tos, as " vincas " que son as marcas que nos deixa a roupa apretada, que as gafas " nocen " no nariz, que hai que escoller millo ou " destremar " patacas ( diferencialas ) e que polo San Pedro hai que reghar a medo seguindo as ordes do minuteiro. Tiña un galego rico e dicía " nonsí ", " enxuito ", " afastar " e " pronto ", aparte do " avernuncio " tan arbense.
Aprendín iso e souben de veciños e costumes de antes. Oín varias veces como topou co lobo pensando que era o can dun veciño ou como despois da guerra a xente escondía cousas nas medas para que non as confiscasen.
A bisavoa Celia pasou por malos tempos cando comía as cabezas dos peixes para deixarlle algo aos fillos. Ela tiña bo corazón e lembraba a fame que pasaban os animais e como bebían viño os bois cando labraban con calor.
Durou noventa e cinco anos e deixounos onte co seu bo saber: esperou a rematar a vendima e apagouse sen facer ruido.
Un bico.
Etiquetas: familia VII, lingua XIII
E hoxe despois de traballar tocou ir ao taller para amañar os intermitentes do coche vello. Fotografei este cartaz simpático desta xente que vai por libre e non leva os fillos á escola de momento e iso que non teñen a excusa de que van ás festas.
Etiquetas: arbo III, curiosidades XXI
Etiquetas: covid-19 IV, vilaguindastre VII
Etiquetas: covid-19 IV, traballo VI
Etiquetas: natureza X
Etiquetas: covid-19 IV, vilaguindastre VII
Etiquetas: traballo VI
Etiquetas: covid-19 IV