San Fernando
San Fernando, pulgas á xente e moscas ao gando.
Di o refrán que empeza o verán hoxe pero xa leva uns días aquí.
E Redondela non é Vilaguindastre así que en troques de rallies e fútboles na area fan a mostra de títeres e demáis artistas. E así topamos monos xigantes, Beatles tamaño moneco, facedoras de pompas, mimos Gandhi e pelegrín a Santiago, orquestras montadas en arteluxios sorprendentes, mercadiño, futuras mamás que pintan a Xela de gata, vendedoras pucelanas que nos deixan fotografar os seus monicreques que despide tristemente cando os vende e milleiros de persoas gozando da arte da rúa.
Un aplauso para os Choqueiros !.
Etiquetas: curiosidades XII, lingua IX