O ano comezou en Arbo despóis de comermos uvas en lata que non había das naturais. A bisavoa Celia non quixo uvas e deitouse antes que lle doía a cabeza. Ás doce pasadas empezou a foguetería no Barriño onde a xuventude ilumina a noite .
Na mañá seguinte fixemos unha camiñada Naideleo máis eu pola zona onde miramos a tala de piñeiros, os cabalos e touras e detalles curiosos como o do escudo heráldico
que tanto deu para comentar naqueles tempos bos para os blogos.
Tamén me resultou curiosa esta figura e unha revista de pelos que protexían a dúas touras. Non sei que poderes de defensa terán !.
E hoxe fun testemuña dun caso de violencia doméstica en pleno centro de Vilaguindastre. Saiu unha muller á porta do balcón pedindo socorro, pechouse dun portazo a porta e logo por unha xanela berrou: ¡ Me están pegando !. Outra vez pecharon a ventá con forza e a xente e eu quedamos á espera do que ía acontecer. Houbo un que chamou aos municipais que estaban a un paso de alí e sorprendeume gratamente a reación do
flautista que admira Xela que foi a un bar do edificio dos berros para avisar do que acontecía. Os municipais chamaron á porta pero non houbo resposta e non poden tirar a porta abaixo sen haber evidencias. Buscaron testemuñas e ofrecinme eu por se for preciso para algo.
Espero que todo quede en anécdota.
E así empeza este ano.
Etiquetas: arbo III, vilaguindastre V