Voz en off> Cantas horas ao día de media pasas conectad@ a Internet?Enjut@> Eu calculo unhas dúas horas nos días laborables e máis nos festivos.
Voz en off> Cantas contas de correo tes?Enjut@> Dúas.
Voz en off> De cantas redes sociais es?Enjut@> Ningunha.
Voz en off> Que che gusta máis para te expresar: o blog, o wiki, flickr ou twiter?Enjut@> Eu emprego o blogo. Usei o flickr hai anos e estou tentado de abrir un fotolog. Pero creo que o blogo é o millor para min.
Voz en off>Cantas blogueiros coñeces persoalmente?Enjut@> Pois tería que facer contas porque coñezo algúns por unha xuntanza en Santiago hai case dous anos. Logo está
Veloso e algún veciño. Aparte coñezo unha familia de mulleres blogueiras alá por Marín. Espero coñecer máis na xuntanza de Agolada o 31 de maio.
Voz en off> Cantas blogueiros les habitualmente?Enjut@> Eu procuro ler as ligazóns do meu blogo e algún blogo máis que apareza nos comentarios ou noutras ligazóns.
Non sei a quen mandarlle facer este meme así que quen queira que o faga.
Etiquetas: interrede II, memeoupremio