Unha das teimas que teño é a de ler envoltorios de productos, folletos, anuncios e demáis trangallada que a maioría dos mortais, con razón, non le. E cantos máis idiomas millor. E así, por exemplo, gústanme os productos da marca branca do Eroski porque poñen todo nos catro idiomas oficiais de España. E, seguindo co tema, hai pouco chegaron novos productos para cans e gatos á miña empresa e comprobei con alegría que están escritos en español, inglés, portugués e ... oh, marabilla ! en galego, catalán e basco.
Con todo isto quero dicir que me aleda coñecer iniciativas privadas que rotulan os seus folletos nas linguas minorizadas deste país. Muitas veces esas iniciativas teñen en contra ata a opinión dalgúns membros e teñen que luitar contra prexuizos e excusas como a falla de comodidade, a careza de rotular en varios idiomas, a necesidade de correctores, etc. E estas iniciativas, contra máis dificultades, teñen o meu apoio máis reforzado aínda.
Todo este preámbulo ten que ver cun correo que recibín referente ó presidente dunha asociación que estaba abochornado pola mala calidade da tradución do seu folleto. No correo dinme que el puxo todo o seu empeño e gañas por dignificar a lingua galega pero o esforzo non obtivo o resultado desexado por el. E eu, dende este humilde blogo, quero que saiba que
naquela ocasión falei do seu folleto só como unha curiosidade e sen ánimo de ofender. Eu non teño un bo galego e non son quen nin o quero ser para criticar a ninguén polo galego ou outra lingua que use. Ó contrario, por suposto que aplaudo a súa iniciativa de normalizar o galego nese sector case afogado, como explica o correo, por empresas alleas á cultura galega. Ogallá este caso non fose unha excepción e aprendesen máis empresas desta iniciativa e que o galego se normalizase.
Etiquetas: interrede I, lingua I